Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA OFRECER UN TOTAL DE 3.5 MILLÓNS DE CANCIÓNS E ÁLBUMES COMPLETOS NA SÚA WEB

Last.fm lanza un servizo global de música gratuíta

A compañía CBS, que comprou esta plataforma social de música en maio do ano pasado, chegou a un acordo con Universal Music Group, Sony/BMG, Warner, EMI e outros 150 selos pequenos

Redacción - 19:17 24/01/2008

Segundo explicou no blog da compañía o cofundador de Last.fm, Richard Jones, o servizo inicialmente estará dispoñible para os usuarios de Estados Unidos, Inglaterra e Alemaña, quen só poderán acceder aos tracks completos a través do sitio web e non mediante a popular aplicación de escritorio.

Durante este período de probas, cada track poderá ser reproducido un máximo de 3 veces, logo do cal despregarase un aviso promocionando un servizo de subscrición de próximo lanzamento que abrirá a posibilidade de escoitar os temas as veces que o usuario queira.

Segundo Jones, a dispoñibilidade de cancións completas tamén é unha boa noticia para os selos e os creadores de música, xa que a partir de agora, e como parte do modelo de negocio, a compañía pagaralles aos artistas ou os administradores dos seus dereitos cada vez que se reproduza un dos seus temas.

De feito, o propio Jones invitou aos artistas independentes a ingresar as súas producións en Last.fm, para comezar a recibir pagos directamente cando unha delas sexa escoitada.

Creada en Londres no ano 2002, esta rede social centrada na música logrou reunir a máis de 20 millóns de vistantes únicos cada mes, conectados desde 240 países de todo o mundo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: