Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A COMPAÑÍA ADIANTA O NOVO DESEÑO

Virgin Galactic ofrecerá voos comerciais ao espazo en 2009

O presidente da empresa, Richard Branson, considera que o aparello podería ser no futuro un medio de transporte para desprazarse dun continente a outro

Redacción - 18:53 24/01/2008
O SpaceShipTwo

O SpaceShipTwo

Aqueles que estean interesados en viaxar na aeronave 'SpaceshipTwo' deberán pagar ao redor de 137.000 euros e poderán experimentar a gravidade cero durante cinco minutos.

A compañía Virgin Galactic está preparando unha nave que levará turistas ao espazo en 2009. Aínda que aínda é unha maqueta, os deseñadores aseguraron que o 60% da nave xa está finalizada.

Así mesmo, esperan que os voos comerciais comecen a finais do 2009, tras levar a cabo as viaxes experimentais.

Segundo declarou Richard Branson, o propietario de Virgin Galactic, o 2008 será "o ano da nave espacial" e, ademais, mostrouse "realmente emocionado" coas oportunidades que pode traer este novo sistema.

Xa hai uns 200 clientes dispostos a embarcar no 'SpaceshipTwo'. Todos eles deberán embolsar ao redor de 137.000 euros.

Na viaxe espacial, a nave nodriza alcanzará os 15 quilómetros de altura e liberará ao 'SpaceshipTwo'. Nese momento, acenderanse os seus propulsores e acelerará á aeronave a unha velocidade de 4.000 kilometros por hora.

Dese modo, os seis tripulantes e os dous pilotos da nave converteranse en astronautas e poderán experimentar a gravidade cero durante cinco minutos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: