Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
Día de mobilización o 26 de xaneiro

Voces para un Foro Social Galego

A erradicación da pobreza, a igualdade real das mulleres, a sustentabilidade ecolóxica... Compromisos cara aos que xuntan forza diversos colectivos do país.

Redacción - 09:00 23/01/2008

"Chamamos a todos os movementos sociais galegos a participaren nunha asemblea horizontal, sen xerarquías e rexida pola carta de principios do Foro Social Mundial, co obxectivo de crearmos un espazo de reflexión para camiñarmos cara a un Foro Social Galego".

Así o recolle o manifesto que convoca a asociacións de todo tipo a reunírense o próximo 26 de xaneiro, aproveitando o bautizado como "Día de Mobilización e Acción Global". A xuntanza será no claustro da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O encontro incluirá un espazo para que os propios colectivos participantes expoñan materiais e ideas, no que quere ser unha "feira de asociacións e alternativas".

O "compromiso coa realidade local" é o compromiso coa "transformación global" artéllase arredor destes obxetivos:
Contra a globalización neoliberal Para erradicar a pobreza Pola paz e contra o armamentismo Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais Abolición da débeda externa Igualdade real das mulleres Sustentabilidade ecolóxica Defensa dos recursos naturais Pola Sobreranía dos pobos Agricultura e alimentación fóra da OMC Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria

Apoian a convocatoria colectivos diversos, entre eles o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs e os sindicatos UXT, CIG e CCOO.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: