Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
SOSPÉITASE QUE PUIDO SER INTENCIONADO

Artabra21 pide que se investigue quen prendeu lume á porta do Ateneo Ferrolán

O incendio orixinouse nunha maceta e queimou a porta da institución e un treito das escaleiras.

Redacción - 18:18 18/01/2008

A Plataforma Ártabra21 esíxelle ao Concello de Ferrol que abra unha investigación "con todas as consecuencias e responsabilidades" para esclarecer as orixes do lume que o xoves pola tarde queimou a entrada do Ateneo Ferrolán. Todos os indicios apuntan a que o incendio foi provocado. Falta coñecer se o lume respondía a unha intencionalidade política ou ideolóxica, como se sospeita dende o propio Ateneo.

Unha empregada ecoitou un ruido nas escaleras cando ía saír e inmediatamente comezou a apreciarse unha intensa fumarada. O lume, que se orixinou nunha maceta, afectou á porta da sede social do Ateneo e a un treito de escaleiras. Foi sufocado de inmediato, pero o persoal de Urxencias Sanitarias tivo que asistir un home de 37 anos ao que foi necesario administrarlle osíxeno.

O Ateneo Ferrolán acolle na súa sede a numerosos colectivos sociais, e nos últimos nos distinguise polo seu apoio a moitas causas populares, críticas, e en defensa do medio ambiente.


Entrevista de Rádio FilispiM á trabalhadora do Ateneo Ferrolán que se atopaba no local no momento do incendio.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: