O Tribunal Supremo rexeitou os recursos presentados pola defensa de Mamadou Kane, o vendedor ambulante ao que os axentes retiveron ilegamente e despois agrediron.
Os policías Celso Alonso Blanco, Elena Fernández Bouzas e Sebastián Fernández Estévez foron condenados en abril de 1999 pola Audiencia Provincial de Pontevedra a tres anos de cárcere, mentres que ao cuarto, Xoán Manuel Pérez Rodríguez, se lle impuxo unha pena de catro anos de prisión.
Daquela, a Audiencia considerou probado que o 17 de marzo de 1997 os axentes detiveron o inmigrante de orixe senegalesa Mamadou Kane na praia de Samil, que os axentes o trasladaron até un monte próximo ao campus universitario, e que aló insultárono e golpeárono. O Supremo confirmou a sentenza, que incluía a expulsión dos axentes do Corpo de Policía, e desestimou aumentar as condenas indicando que non se observaran motivacións racistas na súa actuación.
Indulto en 2005
O Consello de Ministros acordou concederlles en 2005 a estes catro policías o indulto. Así, en xaneiro de 2006, tras a concesión dos indultos, o goberno municipal de Vigo acordou o seu reincorporaron ao equipo de Policía Local. Diante dos recursos presentados a esa decisión, o Tribunal Supremo confirmou agora o indulto.
Nunha sentenza feita pública este xoves, o alto tribunal confirma a decisión lexislativa e rexeita os catro motivos contidos no recurso de casación presentado pola defensa de Kane, que fundamentou a súa petición na falta de motivación dos indultos, a ausencia de audiencia do ofendido, varios defectos no informe do tribunal sentenciador e a imposibilidade de conceder esta medida de graza a penas de inhabilitación. A sentenza asinada polo maxistrado Agustín Puente rexeita estes catro motivos.