Bonovo, Som do Galpón, La Pegatina, Motor Perkins participarán na XIII edición do primeiro festival do inverno.
O Colectivo Treme a Terra leva 13 anos organizando o seu festival en inverno, un período non habitual, coa presenza de nomes moi importantes da música galega, e mesmo do resto do Estado. Por exemplo o pasado ano Josele Santiago, The Homens e Banda Potemkin encabezaron o cartaz. En edicións anteriores destacou a presenza de Che Sudaka ou La Kinky Beat.
Os concertos do primeiro festival do ano terá lugar coma sempre no parque Sarmiento, este ano coa actuación dun conxunto de bandas emerxentes galegas, como Bonovo, Som do Galpom, Motor Perkins e os cataláns La Pegatina.