A empresa actúa fronte a empresarios orixinarios dun pobo turco co mesmo nome e que abriron en Istambul negocios con esa denominación.
Din desde o departamento de comunicación de Inditex que a multinacional non ten nada contra os pequenos comerciantes que usan este nome ou variantes nas súas tendas de pequena dimensión. Pero si actúa pola contra fronte a quen tratou de rexistrar marcas similares a nivel estatal, por considerar que vai contra os intereses da empresa galega Zara.
Localizada na provincia de Sivas, na Anatolia Central, Zara leva desde hai séculos esa denominación, inspirada seica no nome dun poderoso granxeiro do S.XII chamado Zaro. Empresarios locais emigrados até a capital turca e a outras cidades, abriron diversos negocios con nomes formados a partir de variantes. Así por exemplo, o propio presidente da Cámara de Comercio de Sivas, bautizou a fábrica de lente que fundou cun socio como "Zara Lens", entrando en conflito xudicial con Inditex e tendo finalmente que mudar o nome. "Ainda non me creo que esta historia sexa real", dixo para TeleCinco, "Zara é o nome dun lugar e debería dárselle permiso a calquera para o seu uso en diferentes negocios".