Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÁBADO 19, NA CORUÑA

Romaría-concerto polos Diplomáticos

Coas actuacións de Lamatumbá, Ruxe-Ruxe, Ulträqäns e Leo i Arremecaghoná, servirá para presentar o álbum 120 Capadores.

Redacción - 13:43 15/01/2008


Nunha romaría hai música, pero é moito máis que música. Na sociedade Tempo Novo de Elviña haberá carpa, e unha "xigantesca degustación popular de callos ao Bravú, viño e puros". E por suposto música. A partir das nove da noite, e coa presentación de Pulpiño Viascón, subirán ao escenario O Leo i Arremecaghoná, Lamatumbá, Ruxe-Ruxe e Ulträqäns, e o concerto rematará cunha sesión a cargo do DJ Ivan Dezine.

O concerto-romaría servirá para homenaxear aos Diplomáticos de Montealto na súa cidade, e para presentar na Coruña o álbum 120 Capadores.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: