Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TAMÉN AFECTARÁ ÁS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Efecto dominó

En América, a crise dos bens inmobiliarios esténdese a outros sectores

Redacción - 19:36 14/01/2008

Os Americanos volveron un pouco nugalláns das vacacións. Os consumidores non teñen xa confianza. A crise dos bens inmobiliarios esténdese a outros sectores "con efecto dominó", afirman Henry Blodget en Silicon Alley Insider. Considerado como un dos mellores analistas da era dotcoms, Blodget tivo dificultades coas autoridades de Wall Street por razóns éticas pero ninguén impugna as súas capacidades de analista. Floyd Norris e Peter Goodman, dous dos economistas estrelas de New York Times, lembran que "a economía vai nunha espiral descendente," escriben, "na cal cada nova negativa desencadena outra".

Como se traduce iso para as TIC?
Un 60% do capital está en perigo de sufrir unha diminución económica (contra un 19% do que prevén os máis optimistas).

Blodget considera que a publicidade (a fonte de ingreso case exclusiva das compañías Web 2.0) - vai atrasar e ata pode afundirse nos dous próximos meses. "afectará ás principais empresas de Internet e os medios de comunicación" afirman.

Xa en agosto pasado, escribira ás sociedades da rede que deberían "prepararse para tempos difíciles". Hai demasiados start-ups. A penetración das liñas de alta produción embálanse (segundo o blogueiro Om Malik, no terceiro trimestre de 2007 o 53% dos fogares estaba equipado mentres que 77% tiñan un ordenador).

E as dificultades non se deterán aquí. Os sinais de crise van arrefriar os investimentos "que, á súa vez, enfriarán a actividade empresarial" din.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: