Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cambio climático

Acelérase o desxeo na Antártida

Un estudo fornecido pola NASA e que usa imaxes de satélite confirma o impacto do quecemento global.

Redacción - 09:00 14/01/2008

Se na altura de 1996 os científicos observaran que a Antártida perdera arredor de 83 mil millóns de toneladas de xeo, esa cantidade foi unha década máis tarde, con datos de 2006, de até 132 mil millóns de toneladas.

O estudo, realizado polo Jet Propulsion Laboratory, vencellado á NASA, confirma a aceleración do desxeo no continente: un 75% máis rápido en só dez anos. A importancia dese proceso está relacionada, recordan os investigadores, co feito de que aló se concentre o 70% da auga doce do planeta. Nese sentido, o desxeo dos seus glaciares podería causar "graves consecuencias" climatolóxicas, contribuíndo ademais ao aumento do nivel do mar, afectando así a áreas costeiras agora habitadas e que poderían desaparecer a medio prazo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: