A delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos fallou o certame, elixindo catro imaxes que recolleron exemplos de edificacións criticábeis na provincia
O xurado do certame seleccionou as fotografías presentadas, que serán obxecto de exposición próximamente, e entre estas concedeu un primeiro premio, un segundo, dous terceiros e catro accesits. O xurado estivo formado por José María Alonso Carrasco como delegado de Alberte González Rodríguez, Anxo Sánchez González, Eloy Calderón Fernández, Xoan Piñón Prado, e Xurxo Souto Eiroa.
O primeiro premio foi para a fotografía titulada Medrou xunto á casa dos avós, de Miguel Ángel Fraga Vila. O segundo para Edificio Lugo Romano, de Walter Torrón Fouz. E os dous terceiros para Mexan por nós (Blanca Besteiro García) e Mar adentro (Miguel Ángel López Fernández).
A delegación do COAG en Lugo tamén organizou e fallou o III Concurso Fotográfico de Acertos Arquitectónicos, gañado por Isaac Alejandro Fernández Hevia por Arquitecturas soñadas por Dédalo.