Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'LARANDLAND'

A danza abre a tempada no Salón Teatro

Representarase o sábado 12 ás oito e media e o domingo 13 as seis da tarde.

Redacción - 09:56 12/01/2008

A obra da compañía catalá de danza Mudances será a primeira das 56 funcións que o Salón Teatro de Compostela, que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG). Danza, teatro e música serán os eixos da programación, Como novidade, ponse á venda o Bono Cidadanía, válido por cinco localidades para asistir a outras tantas funcións -as dúas vindeiras producións do CDG máis outros tres espectáculos a elixir- por un prezo total de 38 €.

Teatro

O teatro será o gran protagonista canto a número de representacións programadas. Factoría Escénica Internacional, o proxecto liderado pola prestixiosa Carme Portaceli, porá en escena o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro a peza El agresor, un espectáculo de teatro comprometido que convida a reflexionar sobre os abusos sexuais a menores. Asemade, a compañía luso-galaica Voadora estreará os días 1 e 2 de marzo PeriFeria, primeira entrega da triloxía Poética de lugares comúnsFracaso, Olvido e Paraíso– que supón o despegue de Voadora como compañía. A obra, dirixida por Montse Triola, é o resultado dun proceso de creación colectiva, baseado no diálogo intercultural entre o grupo de autores composto por Jacinto Lucas Pires, Marta Freitas e Carlos Santiago.

A partir do 26 de marzo e até o día 20 de abril a cinco funcións semanais (de mércores a domingo) da montaxe Valdemuller, a próxima produción propia do CDG, dirixida especialmente ao público xuvenil, que actualmente se atopa en fase de ensaios e que será estreada o 15 de marzo no Teatro Principal de Ourense. Baseado no texto homónimo de Xosé A. Neira Cruz, o espectáculo combina a tradición de monicreques galega coa experiencia e o discurso estético de Pablo Vergne

A promoción da escrita teatral galega segue a ser un dos principais obxectivos do Centro Dramático Galego. Así, o ourensán Dani Salgado é o encargado de dirixir e coordinar o proxecto de dramaturxia residente desta temporada 2007-2008. Os autores Vanesa Sotelo, Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática 2007) e Jacobo Paz están a traballar conxuntamente nun espectáculo que servirá para reivindicar o novo teatro galego. A obra estrearase o vindeiro 2 de maio e permancerá no Salón Teatro até finais de mes tamén con cinco funcións semanais.

Danza
A programación de danza continuará os días 26 e 27 de xaneiro con Negro, coprodución do Centro Coreográfico Galego coa Compañía Daniel Abreu. O espazo compostelán acollerá, ademais, a residencia artística de Diego Anido, que do 3 ao 10 de febreiro traballará aquí na súa creación Cascuda, coproducida polo CDG e da que ofrecerá dous ensaios abertos ao público os días 8 e 9 de febreiro. A peza estrearase o vindeiro mes de maio na Sala Nasa.

Música

O Salón Teatro será o escenario da Extensión do Festival Sinsal, un dos certames musicais máis arriscados e innovadores de Galiza. Así, esta segunda edición ofrecerá en Compostela os concertos de tres influíntes grupos dentro do panorama das músicas contemporáneas: Matt Valentine & Erika Elder, acompañados dos galegos Igloo, actuarán o 31 de xaneiro; o norteamericano Michael Gira e o italiano (r) (nome artístico de Fabrizio Modonese Palumbo) farano o 23 de febreiro; e a americana Baby Dee e os galegos O Fillo Pausado protagonizarán o concerto do 8 de marzo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: