A coordinadora nacional da Marcha Mundial das Mulleres anima a todo o mundo a se unir ao Día de Acción Global 2008, a celebrar o vindeiro 26 de xaneiro.
O Foro Social Mundial, no que participa a Marcha Mundial das Mulleres dende 2001, convoca una mobilización para o sábado 26 de xaneiro, en "resposta ao capitalismo destrutor reunido no Foro Económico de Davos".
A rede feminista internacional vaise unir ás actividades do día (unha asemblea aberta e unha feira de organización, para crear un Foro Social Galego), que se han desenvolver dende as 11:30 horas do sábado 26 de xaneiro na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
A sección galega da Marcha Mundial das Mulleres quere lembrar que este día é para crear unha fronte propia "contra a globalización neoliberal, para erradicar a pobreza, pola paz e contra o armamentismo, pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais, pola abolición da débeda externa, pola igualdade real das mulleres, pola substentabilidade económica, pola defensa dos recursos naturais, pola soberanía dos pobos e pola agricultura a a alimentación fóra da OMC (por un recoñecemento dos dereitos dos pobos á soberanía alimentaria).
Pódense enviar as adhesións para a creación dun Foro Social Galego a info@altermundo.org, paz@sgep.org ou fsg@galizasempre.org.