Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESPECIALIZADO EN INFORMACIÓN PARA AS EMPRESAS

Microsoft quere volver comprar o motor de investigación noruegués Fast

É a primeira grande adquisición do ano en novas tecnoloxías

Redacción - 18:00 10/01/2008

O xigante informático americano Microsoft anunciou, martes 8 de xaneiro, que quería adquirir o motor de busca en liña noruegués Fast Search & Transfer por 6,6 mil millóns de coroas norueguesas (836 millóns de euros).

Fast propón un motor de busca para o uso das empresas, e reivindica a máis da 2.000 clientes, entre os que se atopa o operador de telecomunicacións británico Vodafone ou o fabricante americano PC Dell.

Microsoft só dispoñía ata o de agora dunha oferta de entrada de gama, cos seus produtos "Windows Search Server 2008" e "Search Server Express 2008". Microsoft vai pasar a ser de feito un competidor en motores de busca como o británico Autonomy, o americano Endeca ou o francés Exalead.

As empresas utilizan cada vez máis Internet para atopar información e precisan un motor de busca de información especializado. A adquisición de Fast dá, por outra banda, a Microsoft unha vantaxe sobre Google, primeiro motor de busca mundial para os particulares e que acaba de comezar a desenvolver a súa oferta para as empresas.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: