Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Entroido de Merza

Mouros, frades e xenerais nunha exposición fotográfica en Compostela

O Dezaseis exporá do 11 ao 25 de xaneiro as fotografías máis representativas da particular festa celebrada na parroquia de Vila de Cruces

Redacción - 10:52 13/01/2008

Ademais de ter a banda máis antiga de Galiza, Merza é coñecida pola súa celebración do Entroido. Estas festas son a excusa dos habitantes desta parroquia de Vila de Cruces para saíren á rúa e seguir as directrices dos xenerais, os mouros e o frade. Precisamente isto é o que poderemos ver na mostra sobre este entroido exposta na compostelá casa de Comidas O Dezaseis.

Do 11 ao 25 de xaneiro, todos os que se acheguen até o local que ocupa na rúa de San Pedro, poderán ver as instantáneas máis representativas desta festa que acadou sona en todo o noso país. As fotos dos xa tradicionais "vivas", e das carrozas, charangas e grupos conforman esta exposición que xa nos vai preparando para o vindeiro Entroido.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: