Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DE FACENDA

O goberno de Euskadi di que o software libre é máis caro

Segundo o documento, as aplicacións libres teñen "menores capacidades" ca as que esixen pagamento de licenzas.

Redacción - 14:14 09/01/2008

O software libre é máis caro ca o propietario. Esta é a conclusión dun informe encargado ao departamento de Facenda e de Administración Pública do goberno vasco. Por se for pouco, cualifica de "inmaduros" os programas de GNU/Linux.

A consellería, nunha resposta parlamentaria, afirmou que "o custo total de propiedade dunha configuración de posto de traballo baseada en software libre é, hoxe en día, meirande ca a da configuración actual equivalente baseada en software con licenza, basicamente polas necesidades de apoio técnico".

Ademais, o informe, que aínda non se fixo público, di que "as menores capacidades das follas de cálculo ou a menor capacidade gráfica das ferramentas de presentación aconsellan non realizar aínda a migración proposta". Porén, a asociación Hispalinux asegura que hai informes que si xustifican a implantación inmediata e masiva de software libre nas administracións públicas, como está a acontecer en diversos países.

E todo isto, a pesar de que houbo un acordo parlamentario para impulsar o uso do software libre coa condición de que, en situación de igualdade, se escollese a mellor opción. A Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi pediralle unha copia do informe ao goberno vasco nunha recepción prevista para o 15 de xaneiro.


1/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: