Espiral Maior publícaas na súa colección Spiralia, canda a unha antoloxía de Manuel Rivas, unha de poesía galega dos cincuenta e outra dos séculos escuros
As cinco obras presentaranse en Madrid en marzo, nun acto conxunto. Entre o máis salientábel da colección figura a antoloxía de Lois Pereiro, nunca antes traducida ao castelán, así coma a de Manuel Rivas, que incluirá poemas inéditos e Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza.
Espiral Maior creou Spiralia en 2006 para publicar ensaio e creación literaria galegas en castelán, co obxectivo de difundir aos autores do país no espazo literario castelán, tanto na península coma en América Latina. Hai dous anos publicáronse nesta colección Feminismo y conocimiento, de Carme Adán, e Paz, guerra y violencia, de Luís G. Soto.