A obra publicouse en 2005 e recibiu outros importantes recoñecementos.
A International Board on Books for Young People ven de facer público os títulos premiados do 2008. Con esta lista o IBBY publica cada ano un catálogo no que se promocionan, nos distintos paises membros, as obras premiadas. Este catálogo será presentado en setembro no 31º IBBY World Congress en Copenhagen e logo nas distintas feiras internacionais de Xapón, USA e na Feira Internacional do libro infantil de Bolonia 2008.
A presentación oficial e entrega de diplomas aos nominados terá lugar o 8 de setembro no Radisson SAS Scandinavia Hotel en Copenhagen.
A sombra descalza de An Alfaya conta cos premios seguintes: Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil en 2005; Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do Ano en 2006; Premio The White Ravens en 2007. E, agora, a Lista de Honra do IBBY.