A última das catro grandes compañías do disco, Sony BMG prepárase a liberar unha parte do seu catálogo de todo programa informático de protección que impide a reprodución
Warner anunciara en decembro que vendería anacos libres de DRM (Digital Right Managements) en Amazon Music. EMI e Vivendi abriran a veda algúns meses antes. Era ineludible aínda que a maioría dos analistas din que chega tarde. Business Week considera que esta mudanza de actitude das compañías abre a porta a novos métodos de difusión, en particular, por medio dos sitios de redes sociais como Facebook e MySpace.
Edgar Bronfman, dono de Warner Music, escribiu aos seus empregados o pasado 27 de decembro para explicarlles o acordo con Amazon "o primeiro dunha serie do mesmo tipo que anunciaremos nas próximas semanas e os próximos meses." Recoñeceu incluso o valor dos argumentos segundo os cales "poderiamos e deberiamos ter feito iso fai moito tempo xa".
En febreiro pasado, Steve Jobs - acusado de utilizar un sistema demasiado fechado - contraatacara cunha carta que convidaba ás compañías a renunciar ao DRM. Dous meses máis tarde EMI anunciaba a venda sobre iTunes de gravacións libres e de máis alta calidade para 30c ou máis. En outubro pasaron a 99c como o resto.
"Non haberá máis DRM ao remate de 2008," agás para o aluguer, afirma o dono de eMusic, segundo servizo de distribución despois de iTunes.
Isto pódese entender mellor se se engaden as cifras de venda do 2007 nos Estados Unidos: os álbumes caeron un 9,5% mentres que as vendas de música dixital aumentaron un 45%, que corresponden ademais ao 23% de toda a música vendida o ano pasado, segundo TechCrunch.