Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Colombia

A crise dos retidos polas FARC podería pasar por Compostela

Un laboratorio da capital galega fará unha segunda proba de ADN para confirmar se a guerrilla minte e un dos reféns que di ter xa non está no seu poder.

Redacción - 19:23 04/01/2008
Mario Iguarán, fiscal xeral de Colombia

Mario Iguarán, fiscal xeral de Colombia

Estaba previsto que a a finais do mes pasado as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) -logo da mediación do presidente de Venezuela, Hugo Chávez- liberase á política Clara Rojas (compañeira da candidata Ingrid Betancourt, tamén retida) e á ex congresista Consuelo González de Perdomo, así como a Emmanuel, o fillo que a primeira tivo cun dos membros da guerrilla. Mais a entrega foi finalmente abortada.

Foi precisamente a hipotética non presenza do neno Emmanuel a razón que esgrimiu o presidente colombiano, Álvaro Uribe, para xustificar a marcha atrás das FARC. Este afirmaba que o cativo xa non estaría baixo a custodia da guerrilla, senón que, segundo os servizos de intelixencia do país, foi entregado ao Instituto estatal de Benestar Familiar por un home que asegurou ser un seu familiar.

As primeiras probas de ADN efectuadas polo goberno de Colombia semellan ratificar esta teoría. O fiscal xeral, Mario Iguarán, sinalou que "hai unha moi alta probabilidade de que pertenza á familia de dona Clara González de Rojas (nai da retida)". Porén, vaise recorrer a unha segunda proba en Santiago de Compostela, aínda que polo momento se descoñece o laboratorio, e se este é público ou privado.

Por outra banda, vídeos recentemente aparecidos -tal e como publicaba Vieiros este mesmo venres- poderían desmentir a versión gobernamental. De calquera xeito, o tirapuxa das negociacións pasa nestes momentos por Galiza.

Poden ampliar a información nos xornais colombianos El Tiempo e El Espectador.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: