Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte ás queixas á actual política sanitaria

Recórdanlle ao PP o burato de "30 millóns de euros" que deixou no Hospital de Calde

"Quedamos cos peores ratios de persoal e cunha débeda de máis de trinta millóns", sinalou Miguel Anxo Fernández, xerente do hospital de Calde.

Redacción / Europa Press - 09:00 04/01/2008

"O que fai o PPdeG agora é xerar unha alarma innecesaria na sociedade luguesa", laiouse Miguel Anxo Fernández, xerente do hospital lugués de Calde, asegurando que a lista de espera para cirurxía neste centro será de noventa días, cifra que se mantén "nos mesmos niveis do pasado ano", e rexeitando a barreira dos cen días que os populares aseguraban que se superara.

Lamentou Fernández que se comparasen datos do verán e posteriores, porque "non é o mesmo a lista de espera en verán e despois do verán". "Non se pode facer demagoxia, nin se poden empregar os datos de forma arbitraria e interesada como fan dende o PP", dixo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: