Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non aceptan a resolución

O Estado español recorrerá a decisión dos EUA de absolver a empresa que avalou o Prestige

Dende o Goberno afirman que o fallo recoñece a responsabilidade no afundimento dos titulares do buque e da empresa certificadora.

Redacción - 18:10 03/01/2008

O Goberno español non acepta a resolución tomada por un tribunal federal estadounidense na que desestima a demanda interposta en 2003 contra a American Bureau of Shiping (ABS) por garantir o bo estado do Prestige tan só seis meses antes de verquer o seu contido a escasa distancia das costas galegas. O Ministerio de Xustiza salienta que a resolución da xuíza estadounidense non é firme e que contra ela caben recursos de “reconsideración”, como o de apelación perante o Tribunal Superior do circuíto correspondente.

Dende o Ministerio destacan que o relato dos feitos que a propia resolución considera “probada e indiscutida” a tese da Administración española de que o afundimento do petroleiro foi causa dun “fallo estrutural”, non das manobras de salvamento nin por circunstancias externas imprevisíbeis. Isto reflectiría que as deficiencias do buque non foran reflectidas nas inspeccións que lle foron realizadas, o que supón unha “chamada explícita á responsabilidade dos titulares do petroleiro e da compañía que o inspeccionaba e certificaba a súa navegabilidade”.

Malia isto, a resolución acolle unha das mocións previas formuladas por ABS, “sen chegar a coñecer o fondo do asunto”, segundo indica o Executivo español e se basea nunha interpretación do denominado Convenio CLC (Convenio internacional sobre responsabilidade civil). Nestes casos, o Convenio obriga considerar as reclamacións que se susciten contra as persoas comprendidas no seu ámbito de aplicación, mais non considera as sociedades clasificadoras como suxeitos.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: