O Auditorio Municipal acollerá o concerto de aninovo dunha das formacións máis prestixiosas do continente.
Natalia Ponomarchuck dirixirá a orquestra, na que destaca a participación do solista de violín Alejandro Gonobolin, a soprano Lilia Grevtsova e o intérprete de balalaica Yuri Lisenko. Así mesmo, o concerto contará con dúas parellas de baile para os tradicionais valses. No seu repertorio débense salientar: Marfa ("A noiva do tsar" de Rimsky-Korsakov), Gilda (Rigoletto de Verdi), Liu ("Turandot" de Puccini), ou Micaela (Carmen de Bizet).
O concerto comezará ás oito e media da tarde. As entradas teñen un prezo entre 12 e 15 euros.