Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PECHE DE 2007

A inflación subiu o ano pasado até o 4,3%, o nivel máis alto da última década

Os prezos medraron dúas décimas máis no mes de decembro. Galiza é unha das poucas comunidades do Estado que pecha 2007 con menos parados.

Redacción / EP - 10:12 03/01/2008
Tags: INE IPCA

O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) no Estado Español situou a súa taxa anual nun 4,3% en decembro, segundo o indicador adiantado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O dato supón o maior nivel dende que en xaneiro de 1997 o INE comezara a facer este tipo de rexistros. Os datos sírvenlle ao Eurostat para o cálculo da inflación an UE. Dende o INE subliñan que o indicador adiantado é orientativo e non ten porque coincidir co dato definitivo, que se dará a coñecer o vindeiro 15 xaneiro.

Por outro lado, o número de parados rexistrados no Inem subiu en 106.674 persoas durante o ano pasado situándose o número de desempregados en 2.129.547, segundo os propios datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Galiza sálvase da queima
De todas as comunidades que conforman o Estado Español, o noso país é o que presenta os mellores datos en materia de desemprego. Mentres que a tónica xeral a nivel estatal foi a de máis paro, en Galiza 2007 pechou con 5.684 parados menos. Tan só o mes de decembro foi negativo neste sentido, xa que aumentou o número de desempregados un 1,48%.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: