A compañía alemana, operativa desde novembro, permite descargar actualmente 2.500 álbumes de música clásica
A crise da industria musical tamén afecta á música clásica. Os empresarios reaccionan lanzando distintas campañas de promoción. O último recurso, a creación da ‘Web Shop' de Deutsche Grammophon.
Desde finais de novembro de 2007, os internautas poden descargar música desde a web alemana (filial de Universal Music). Este lanzamento, pioneiro no universo da música clásica, permite atraer aos asiduos do xénero, e tamén a un novo público que ten dificultades de atopar no mercado discos de música clásica.
A ‘Web Shop' propón actualmente 2.500 álbumes, dos cales 600 non estaban dispoñíbeis en CD, permitindo así a ocasión de volver escoitar gravacións históricas deste xénero.