Este curso académico adáptase aos novos certificados en lingua galega (CELGA) da Xunta de Galicia.
Filoloxías Galega e Portuguesa da UB ofrecen de novo cursos de balde abertos a todas as persoas interesadas na lingua e na cultura galegas. Hogano os cursos de lingua adáptanse á nova normativa da Xunta que regula a obtención dos CELGA (Certificado en lingua galega). Impartiranse os cursos preparatorios para obter o CELGA 1 o CELGA 4, regulados e expedidos pola Xunta de Galicia.
Os cursos están organizados pola Xunta de Galicia e mais a Universitat de Barcelona e o único requisito e ser maior de 17 anos. Tamén están recoñecidos con 7,5 créditos de libre elección para os estudantes desta universidade (agás estudantes de Filoloxía). A inscrición, en liña ou presencial, remata o 9 de xaneiro. Máis información na web de Filoloxías Galega e Portuguesa.