Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TERÁ PARTITURA OFICIAL E DE DOMINIO PÚBLICO

O himno será de todos

A Xunta vai comezar os trámites para elaborar unha partitura orquestrada oficial do himno galego e que sexa de dominio público.

Redacción - 10:00 29/12/2007
Tags: himno

O Consello da Xunta aprobou a iniciativa, encamiñada á elaboración dun arranxo orquestral oficial para o himno. Aínda que a Lei 5/1984 de símbolos de Galiza, establece como himno a composición ‘Os pinos' de Eduardo Pondal con música de Pascual Veiga, non existe na actualidade unha partitura orquestrada oficial ou totalmente instrumentada. Esta situación provoca que calquera arranxo da partitura oficial xere dereitos de explotación da propiedade intelectual para o seu autor.

Cultura e Presidencia presentaron esta proposta para lograr que a interpretación e comunicación públicas sexan gratuítas para todos os cidadáns. Isto obrigará a que o autor do arranxo musical deberá ceder os seus dereitos de recoñecemento da autoría e da integridade da obra.


4,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: