Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Curtas galegas

Xermem estrea 'P Km 406' en Ourense

Enmarcado no ciclo de REDestreas, este grupo de mozos mostrará ao público o seu segundo filme.

Redacción - 11:05 28/12/2007

A curtametraxe Punto Quilométrico 406, dirixido de forma colectiva por Raúl García, Marcos Méndez, Jorge Mosquera, Martina Pérez e Eva Rey (XERMEM), conta a historia dunha muller que intenta escapar do seu destino, mais xa está escrito. A obra proxectarase no Auditorio de Ourense o venres 28 de decembro, ás 21:00.

Este drama de ficción non subvencionado pola administración, é a segunda obra da produtora, que xa colleitou éxitos coa súa ópera prima No armario, gañadora do premio Curtas na Rede'07. O grupo formouse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Os seus membros, de diversa formación previa, reuníronse co obxectivo de realizar integramente produtos audiovisuais creativos usando tanto os métodos tradicionais como as novas ferramentas virtuais.

Podedes ir achegándovos ao traballo destes cinco rapaces aquí, onde veredes a curta No armario.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel do filme
Cartel do filme
Raúl García e Estela Rodríguez, protagonistas da curta
Raúl García e Estela Rodríguez, protagonistas da curta