Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
ÉXITO DE PÚBLICO

Máis de 20 mil siareiros xa retiraron a súa entrada

Balaídos pode presentar este xoves unha das mellores entradas dos últimos anos. Na tarde deste mércores había ringleiras de persoas á busca de billetes para o encontro.

Redacción - 19:56 26/12/2007

A festa do fútbol galego pode ser este xoves máis grande ca nunca. Fontes da Dirección Xeral de Deporte aseguraron que a media tarde deste mércores xa se despacharan máis de 20 mil entradas para ver as seleccións nacionais de fútbol. Tamén pola tarde chamou a atención as ringleiras de siareiros que buscaban unha entrada nas inmediacións de Balaídos, que non se recordaban dende que o Celta xogara competicións europeas. De proseguir o bo ritmo de vendas, este xoves o estadio vigués pode presentar unha magnífica entrada para ver á 'irmandiña' enriba do céspede.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: