Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Curtas galegas

O Nadal agasállanos con cinema

A Axencia Audiovisual Galega programa para estes días a proxección de diversas curtas por máis de 50 concellos

Redacción - 11:12 27/12/2007
'As cousas de Kulechov' proxéctase dentro deste ciclo

'As cousas de Kulechov' proxéctase dentro deste ciclo

Por segundo ano consecutivo, o cinema volve a se espallar polas canles non convencionais de distribución. Curtas no Nadal 2007 levará un total de 60 proxeccións até máis de 50 espazos de toda Galiza, locais alternativos onde non é habitual a actividade audiovisual. Nesta edición, a programación está formada integramente por produtos do país.

Con esta actividade, a Axencia Audiovisual Galega e a Consellaría de Cultura e Deporte buscan achegar a todo tipo de públicos o cinema, e sobre todo o cinema galego, nunha xira que durará até o 8 de xaneiro. Os lugares onde se realizarán as proxeccións van dende os Campus Universitarios, centros dependentes da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), centros de ensino até bares ou espazos hostaleiros da noite.

Os máis cativos tamén teñen o seu oco neste ciclo de cinema, que está pensado para todos os públicos. A través de filmes de ficción, animación ou documentarios, a presenza de actores, directores e técnicos que participaron na gravación, o proxecto quere atraer ao maior número de persoas posíbel.

Xa podes ver se visitan o teu concello no programa adxunto.


Documentos

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Curtas no Nadal chega xa á segunda edición
Curtas no Nadal chega xa á segunda edición
Curtas no Nadal sae das salas tradicionais de cinema
Curtas no Nadal sae das salas tradicionais de cinema