Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Morre un histórico do Jazz

"GoodBye", Oscar Peterson

Os afeccionados ao jazz fan loito esta semana por un dos xigantes do piano. Velaquí Peterson tocando unha peza.

Redacción - 14:00 26/12/2007


O pasado domingo 23 morreu na súa casa de Ontario o pianista Oscar Peterson, nado 82 anos antes en Montreal e considerado coma un dos máis importantes pianistas de jazz de todos os tempos.

De orixe humilde, seu pai ferroviario, tamén músico autodidacta, transmitiulle a paixón musical que Oscar Peterson tivo oportunidade de desenvolver no piano e a pé dalgunha das máis coñecidas figuras do jazz, de Ella Fitzgerald a Dizzy Gillespie. Incansábel e vizoso na súa produción musical, hai xa unha década que unha enfermidade lle deixara unha man con problemas, malia que así e todo aínda lle agasallou aos afeccionados con varios concertos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: