Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A pesar das negociacións dos seleccionadores galegos

Barragán, Míchel Salgado, Pablo Álvarez e Noguerol, baixas para o Galiza-Camerún

Os futbolistas que militan no fútbol británico tampouco poderán estar en Balaídos este 27-D: Nacho Novo, Pablo Couñago e Sito.

Redacción - 11:00 26/12/2007
Pablo Couñago, xogador do Ipswich Town

Pablo Couñago, xogador do Ipswich Town

Nacho Novo (Glasgow Rangers), Pablo Couñago e Sito (Ipswich Town), os tres galegos que xogan no fútbol británico non poderán participar no partido de Galiza contra Camerún, o vindeiro 27-D.

No seu lugar, entran na convocatoria Alex (do Depor B) e Fuentes (da Ponferradina), aínda que poderíanse acrecentar novos nomes á listaxe, até esta quinta.

Novo, Couñago e Sito quedan sen poder xogar coa selección

O seleccionador Fernando Vázquez estivo en contacto cos futbolistas da liga británica tentando chegar a un acordo para que puidesen estar en Balaídos o 27-D. Mais finalmente foron os seus clubes os que decidiron, e os tres futbolistas terán que ficar no Reino Unido para xogar os partidos de liga, que non para polo Nadal.

Novos xogadores han cubrir as ausencias destes tres futbolistas ademais das de Noguerol (que non tivo o permiso do Albacete para xogar), Barragán (fisicamente danado após o partido do domingo co Deportivo), Pablo Álvarez (que acaba de fichar polo Racing) e Míchel Salgado (que se está fóra de Galiza).

Primeiro adestramento de preparación do Galiza-Camerún

Os xogadores galegos adestran esta cuarta feira, ás 19:30 horas no estadio de Balaídos. Hora e media despois adestran os leóns indomábeis.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: