Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO NÚMERO 6381

O Gordo da Lotaría deixa 48 millóns de euros en Carballo e Compostela

A administración número tres da capital de Bergantiños vendeu quince series do primeiro premio e a tamén número tres de Compostela unha.

Redacción - 10:57 22/12/2007

O primeiro premio da Lotaría de Nadal recaeu no número 6381. A administración número 3 de Carballo (Rúa da Estrela) repartiu quince series do premio gordo (45 millóns de euros) da lotaría de nadal. O primeiro premio tamén caeu na administración número 3 de Santiago (Rúa do Vilar), onde se vendeu unha serie (3 millóns).

Numerosos premios en Galiza (ampliación 13.15 horas)
En Vigo vendeuse integramente un dos quintos premios (57050). En Lugo hai 150 décimos premiados con outro quinto (30504) que tamén se vendeu nos municipios de Arzúa e Oza dos Ríos. Tamén a administración número 2 de Oleiros repartiu décimos doutro quinto premio (5919).


Pode comprobar os seus décimos aquí.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: