Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DENDE 2002

Creative Commons: cinco anos de cultura libre

As licenzas alternativas ao copyright cobran cada vez máis popularidade no mundo.

Redacción - 10:30 22/12/2007

O 16 de decembro de 2002 publicáronse as primeiras licenzas Creative Commons, que naceron como alternativa aos tradicionais dereitos de autor. Estas licenzas permiten que os creativos poidan distribuír libremente os seus traballos mantendo a autoría dos mesmos pero sen tantas restricións como as que contempla o copyright.

A corporación sen ánimo de lucro Creative Commons, fundada nos Estados Unidos en 2001, foi a encargada de redactar a primeira versión das licenzas, que despois dun lustro xa van pola 3.0. Os autores poden escoller, en principio, entre catro liberdades ou restricións: o recoñecemento expreso da autoría, o uso en traballos comerciais, a creación de obras derivadas e a distribución coa mesma licenza orixinal.

De feito, Vieiros emprega a licenza CC by-nc-sa, que permite a copia e distribución pública e a creación de obras derivadas sempre que se recoñeza o autor orixinal, non se empregue comercialmente e se ofreza baixo os mesmos termos.

A popularización da internet e a facilidade de reprodución de todo tipo de contidos, así como tamén a necesidade por parte dos creadores de darse a coñecer á marxe do oligopolio formado polas grandes multinacionais da distribución fixeron que as licenzas Creative Commons sexan cada vez máis empregadas no mundo.

O quinto aniversario da saída á rúa das licenzas celebrouse por todo o planeta, con actos en San Francisco, Berlín, Beixín, Manila, Seúl, Belgrado, Brisbane, Nova York e Los Angeles. Os participantes nas festas xa están a compartir as súas fotos e vídeos, mediante licenzas Creative Commons, por suposto.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: