Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS TRES XIGANTES ABOARÁN CONXUNTAMENTE 21,8 MILLÓNS DE EUROS

Microsoft, Google e Yahoo pagan unha multa polas apostas en internet

Pola investigación que lles segue o Goberno estadounidense polo seu papel na promoción de apostas en liña en 1997

Redacción - 13:56 20/12/2007

O acordo de Microsoft é de 21 millóns de dólares, incluíndo 4,5 millóns para Estados Unidos e unha contribución de 7,5 millóns ao Centro Internacional de Nenos Desaparecidos e Explotados, dixo o Departamento de Xustiza nun informe.

Google accedeu ao pago de tres millóns de dólares e Yahoo 7,5 millóns e desenvolver unha campaña de servizo público en internet contra as apostas en liña.

As tres empresas podían ter sido procesadas por violación de varias leis que prohiben os xogos de azar. Estas cifras suman máis de 40 millóns de dólares con confiscacións e impostos que esta oficina recuperou en anos anteriores de operadores destas empresas de apostas ilegais a distancia.  


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: