Un equipo de estudantes participou nun experimento sobre fontes de enerxía alternativas.
Dez estudantes do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) demostraron que só con pedaladas se pode facer funcionar un superordenador durante vinte minutos. A enerxía producida polas dinamos das bicicletas serviu para bater a marca mundial de computación mediante enerxía de orixe humana.
Segundo un voceiro dos estudantes, a sesión produciu máis cálculos que os que tiveron lugar nos 3.000 primeiros anos da civilización, e máis operacións aritméticas das que se fixeron en todo o mundo até 1960. Parte do mérito tena o superordenador, que emprega chips SC648 que só consomen oito vatios, fronte aos 100 que precisa, por exemplo, un computador portátil.Grazas á enerxía producida polos dez ciclistas, o ordenador calculou un modelo de fusión nuclear. O experimento, que aspira a entrar no libro Guinness dos récords, tamén participaba nun concurso organizado por Google e un fabricante de bicicletas para usar as pedaladas como fonte de enerxía sustentábel ara atopar fontes de enerxía sustentábeis, premiado con 5.000 dólares.