Martin Wu, Martiño, destaca o bo nivel da selección, e aposta por un 2-0 nos dous partidos.
Un nome: "A min gustaríame que se chamase A Xouba Mecánica, como o Pontevedra do Hai que roelo, o que ascendeu a primeira nos anos sesenta"
Un prognóstico: "Un 2-0 no Galiza-Camerún e, no partido da selección feminina, outro 2-0"
A Selección: "Creo que ten un bo nivel, hai bos xogadores. Eu non son moito de equipos nacionais, pero gustaríame que a selección xogase fóra do Nadal, en torneos internacionais"