A revista destacou os traballos de Susana Rei e Alberte Pagán
O número de decembro da edición española da Cahiers du Cinema inclúe un informe sobre as mellores curtametraxes do ano, que leva por título Cuando el cine pequeño se hace grande. Nesa escolma a revista incorpora dous traballos galegos: Cousas de Kulechov, de Susana Rei, e Pó de Estrelas, de Alberte Pagán.
Sobre Pó de Estrelas, os autores do informe, Carlos Reviriego e Gonzalo de Pedro, afirman que se trata de "un fascinante traballo de montaxe realizado exclusivamente con audios televisivos e fotografías extraídas da prensa diaria. Na liña das mellores montaxes verticais de Chris Marker, pero prescindindo do comentario, as imaxes e os sons".
En canto a Cousas de Kulechov, os críticos destacan que se trata de "un curioso exercicio que desmonta o o que ves é o que hai que promulgan os informativos".