Como facerse cunha idea clara e rápida do lugar que ocupan os principais temas de información tratados no mundo?
Tan simple como inxenioso, Newsmap realiza unha cartografía da actualidade en tempo real. A páxina de inicio é un tanto infantil pero o resultado ofrece unha presentación asombrosa da actualidade.
Consiste en organizar, no espazo limitado dunha pantalla de ordenador, o conxunto da información tratada na prensa de 11 países (os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Austria, España, Italia, Australia, Nova Celandia, o Canadá, a India), baseándose nos resultados do potente motor de investigación Google News.
A páxina de inicio divídese en sete espazos. A cada un deles, correspóndelle unha categoría de información, identificada por cores: vermello para a actualidade internacional, laranxa para as novas nacionais, azul para economía, verde para os deportes, rosa para as cuestións de saúde, turquesa para a cultura...
Dentro da cada categoría, a xerarquía das novas está baseada en rectángulos de cores nos que aparecen os titulares. Canto máis recente sexa a información, máis viva é a cor dos rectángulos. O tamaño do rectángulo é maior cantas máis ligazóns teña a nova. As novas máis recentes van aparecendo na parte superior da páxina e van descendendo a medida que aparecen outras novas máis recentes.