Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÓ CINCO CANDIDATURAS PARA OS PROFESIONAIS DO PAÍS

Os Goya non falarán galego este ano

María Vázquez é candidata ao premio á mellor actriz de reparto por Mataharis, Nocturna (Filmax) pode ser o mellor filme de animación e O bufón e a infanta (Dygra) ou A flor máis grande do mundo (Continental), a mellor curta.

Redacción - 18:15 17/12/2007

Poucas alegrías nas nominacións ao Goya para as producións e profesionais do cinema feito en Galiza. Tan só tres candidaturas, destacando a de María Vázquez, que polo seu papel en Mataharis podería facerse co premio á mellor actriz de reparto. Polo demais, de novo a animación dálle ao noso país os mellores réditos, cunha longametraxe, Nocturna: Una aventura mágica, unha produción de Filmax realizada por Bren Entertainment.

E dúas curtametraxes de animación: O bufón e a infanta, producida por Dygra e dirixida por Juan Galiñanes, e A flor máis grande do mundo, producida nesta ocasión por Continental e creada por Juan Pablo Etcheverry. Esta curta foi escrita orixinalmente por Saramago, que ademais é o narrador da historia.

Tamén hai opcións na categoría de mellor canción orixinal, na que Esa luz, creada para Mataharis por Piti Sanz, Luis Tosar e Santiago García de Leániz e interpretada polo propio Luis Tosar, podería levar o premio.

As grandes favoritas da gala, que se celebrará o 3 de febreiro en Madrid serán El orfanato (Juan Antonio Bayona) e Las 13 rosas (Emilio Martínez Lázaro), con 14 candidaturas cada unha. A independente Soledad (Jaime Rosales) e Siete mesas de billar francés (Gracia Querejeta) tamén optan ao premio á mellor película.


Trailer de Nocturna: Una aventura mágica


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



María Vázquez, candidata a mellor actriz de reparto
María Vázquez, candidata a mellor actriz de reparto
'Nocturna', longametraxe producida por Filmax
'Nocturna', longametraxe producida por Filmax
'A flor máis grande do  mundo' é un conto escrito e narrado por Saramago
'A flor máis grande do mundo' é un conto escrito e narrado por Saramago