Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camilo Nogueira, ex deputado no Parlamento Europeo

"O galego pode ser usado na UE: nisto Galiza é xa unha nación independente"

Convidado pola Fundación Vía Galego, Camilo Nogueira falou a pasada semana na compostelá Galería de Sargadelos baixo o título: "A cultura galega abre portas á lusofonía".

Redacción - 13:08 17/12/2007


"Usei o galego sistematicamente nos plenarios do Parlamento de Estrasburgo e Bruxelas, fíxeno practicamente todas as semanas durante os cinco anos da lexislatura 1999-2004". Recordouno así o ex eurodeputado Camilo Nogueira, destacando a súa propia experiencia persoal na Cámara europea, onde puido botar man do galego para tratar todo tipo de temas: "dos problemas de Iraq, Chechenia ou Palestina, de pesca, cotas lácteas, ou do autogoberno das nacións sen Estado ou o proxecto de Constitución".

"Esa experiencia confirma por si mesma que a decisión de o galego ser formal e plenamente oficial na UE depende daquelas institucións galegas: trátase de que aprobar unha norma converxente coa galego-portuguesa, sen nin sequera ser preciso, como tamén ocorre co brasileiro, que for exactamente igual á tida por oficial no Estado veciño", sostivo Nogueira na súa intervención, lembrando que a "identidade práctica galego-portuguesa" permitiulle o uso do galego como lingua oficial no Parlamento Europeo.

"A normalización do seu uso non pode ignorar este carácter universal do galego. Non existe ningunha outra lingua entre as tratadas institucionalmente como minoritarias que teña tal condición", argumentou, "a identidade dos paises que falan galego-portugués enriquece a de Galiza e a de Galiza a deles".

"Malia non estar recoñecido como oficial do Estado español, non admitirse o seu uso oficial fora do territorio galego e estando proibido o seu uso habitual no Congreso dos Deputados e no Senado, o galego pode ser utilizado na Unión Europea, dependendo a materializacion desta posibilidade dunha decisión que pode ser tomada pola Academia Galega e o Goberno Galego. Nisto Galiza é xa unha nación independente", afirmou Camilo Nogueira.

Poden descargar aquí o texto completo coa reflexión: A normalización e a universalidade do galego (.pdf/140 KB)


Ligazóns

4,06/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: