Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SERÁ OBRIGATORIO EN 2008

Os Países Baixos pásanse ao software libre

As administracións públicas neerlandesas deberán usar software e formatos abertos na súa relación coa cidadanía.

Redacción - 14:01 17/12/2007

A administración neerlandesa comezará a empregar de xeito obrigatorio e sistemático software libre, como moi tarde, en abril de 2008. Así o decidiu o parlamento do país o pasado xoves por unanimidade. A medida non prohibirá as aplicacións informáticas comerciais, aínda que as administracións públicas terán que xustificar o seu uso.

O goberno dos Países Baixos calcula que aforrará case 6 millóns de euros ao ano só en licenzas de software. Microsoft deuse présa en criticar a medida, o responsábel da multinacional nos Países Baixos, Hans Bos, amosou a súa preocupación, ao considerar que a aposta por un modelo único de contratación prexudicará o mercado de software.

O prazo para a adopción de software de código aberto é abril de 2008 para a administración estatal e o 2009 para a local. Para daquela, as institucións terán que empregar o formato aberto de documentos ODF.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: