Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cimeira contra o cambio climático

EUA cambia a súa postura e decide unirse ao pacto de Bali

O acordo, contra todo prognóstico, vai facilitar a aprobación dun novo Protocolo de Quioto.

Redacción - 11:15 15/12/2007

Nun repentino revés, Estados Unidos aceptou os cambios propostos polas nacións en vías de desenvolvemento ao documento para lanzar as negociacións sobre un futuro pacto contra o quecemento global en 2009.

A delegación estadounidense enviada á conferencia de Nacións Unidas en Bali rexeitou previamente as modificacións propostas polos países pobres, que respondían á necesidade destes de recibir asistencia tecnolóxica dos países ricos e outros asuntos amplamente recoñecidos no documento.

No entanto, despois de que os delegados criticasen a postura de Estados Unidos pedisen unha rectificación, a delegación do país norteamericano rectificou.

"Creo que percorremos un longo camiño deica aquí", dixo Paula Dobriansky, xefa da delegación. "Estados Unidos está moi comprometido con este esforzo e só queremos asegurar que realmente todos actuamos xuntos", comentou. Finalmente, afirmou: "Iremos adiante e sumarémonos ao consenso".

Ao respecto, o secretario xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, celebrou este cambio de opinión. "Anímame; aprecio o espírito de flexibilidade mostrado pola delegación estadounidense", declarou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: