Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O SÁBADO NA SALA NASA

Venezuela, os Duques de Lugo e as galescolas, protagonistas da 'Ultranoite'

Participarán, entre outros, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xesús Ron, Pepa Yáñez, Clara Gayo, Pista Catro, Berrobambán, Combo Roxo e Os da Ría.

Redacción - 09:55 15/12/2007

O espectáculo Aló Ultranoite! colgou o cartel de non hai billetes o pasado sábado. Por ese motivo, o sábado 15 volverá ofrecer a súa revista de actualidade, na que a polémica entre o Hugo Chávez e o Rei, a separación dos Duques de Lugo, e a posta en marcha das Galescola, serán os protagonistas. Teatro, cabaret, música, maxia, circo e videocreación conformarán a representación, que comezará ás once da noite na Sala Nasa.

Os encargados de darlle forma serán Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xesús Ron, Pepa Yáñez, Clara Gayo, Os Monkillos, Merche, Manu Lago, Pista Catro, Berrobambán, Combo Roxo e Os da Ría, entre outros.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: