Os arrestados foron trasladados a dependencias da Garda Civil de Boiro e non se descartan novas detencións.
Axentes da Garda Civil prenderon arredor das 2.30 horas da madrugada a dúas persoas en Portosín (Porto do Son). Segundo confirmaron dende o propio instituto armado, portaban un artefacto explosivo. As mesmas fontes negáronse a facilitar máis información xa que afirmaron que a operación permanece aberta e non se descartan máis detencións nas vindeiras horas.
Segundo explicou Joam Peres, voceiro de Ceivar, un letrado desprazouse a primeira hora da mañá até á zona para intertar poñerse en contacto cos detidos que se atoparían no cuartel da Garda Civil de Boiro. Até o de agora só se sabe que un dos detidos responde ás iniciais de S.V.D.