Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MERCADO FLORECENTE

A ciberdelincuencia profesionalízase

As redes de robots "zombies", dirixidas a distancia por usuarios malévolos, constitúen unha das principais ameazas en Internet

Redacción - 13:13 13/12/2007

É deste xeito que os ciberdelincuentes poden desencadear ataques de "denegación de servizo", que paralizan un sitio Web, enviando centos de milleiros de peticións simultaneamente, ou multiplicar as cantidades de spams enviados. Nun novo informe, a Axencia europea encargada da seguridade das redes e da información (Enisa) considera que máis de seis millóns de ordenadores no mundo son "zombies", que poden ser manipulados sen saberen nada os seus proprietarios.

A empresa de antivirus Symantec engade pola súa banda que o número de ordenadores contaminados aumenta en máis de 50.000 ao día. China, os Estados Unidos, e tamén Alemaña, Francia e España, son os países do mundo que contan con máis de ordenadores infectados.

As redes de robots non son porén as únicas trampas que debe enfrontar o internauta. A principios do ano 2007, a base de datos antivirus da empresa de seguridade informática F-Secure pasou de 250.000, a principios do ano, a perto de 500.000 en decembro.

Os expertos en seguridade informática ven tamén aparecer novos métodos de infección: algúns dos chamados vermes propáganse mediante os servizos de mensaxería instantáneos. Pero os internautas son tamén cada vez máis prudentes e desconfían de arquivos adxuntos en correos de remitentes descoñecidos. Aínda así, vólvese difícil previr a intrusión de códigos malévolos, cando estes explotan os erros de navegantes en Internet. Segundo o Enisa, "a explotación das faltas dun navegante xa supón dous tercios do total das infeccións", por diante das infeccións por arquivos anexadas aos correos (13 %) e as faltas dos sistemas de explotación (11 %).

Tal tendencia parece duradeira, posto que a empresa Sophos considera que 30.000 novos sitios que conteñen códigos malévolos aparecen cada día en Internet.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: