Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'GALEGOS EN BIZKAIA - GALIZIARRAK BIZKAIAN'

A correspondencia entre Manuel María e Gabriel Aresti, en galego e éuscaro

O libro recolle tamén os poemas inéditos dirixidos aos traballadores galego e vascos nos anos sesenta.

Redacción - 10:30 15/12/2007

O 9 de decembro presentouse na tradicional Feira do libro e disco vasco de Durango (Biscaia) o libro Galegos en Biscaia-Galiziarrak Bizkaian, de Gabriel Aresti e Manuel María, que conta coa introdución e comentarios de Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O libro foi editado polas fundacións FESGA (Fundación para ou estudo e a divulgación dá cuestión social e sindical en Galiza) e IPAR HEGOA.

O libros contén unha recompilación de cartas entre os dous grandes amigos e poetas, e recolle tamén poemas inéditos dirixidos aos traballadores galegos e vascos. Nesta obra ambos os autores abordan unha preocupación compartida, como era as malas relacións entre a poboación inmigrada galega e a poboación vasca en Biscaia na decada dos 60.

A presentación do libro realizouse nun acto sinxelo, que contou coa participación da familia de Gabriel Aresti. Xurxo Martínez Crespo salientou o labor de difusión da cultura galega levada a cabo polo poeta vasco, que entre outras cousas foi responsábel da primeira tradución ao español do Catecismo do labrego. Asismesmo Aresti traduciu ao éuscaro os poemas galegos de Federico García Lorca, o Nós de Castelao, así coma a obra de Valentín Paz-Andrade, e colaborou con Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Pazis García da Fundación Ipar hegoa, Xurxo Martínez Crespo, Raúl Río e Edorta Jiménez. Foto CIG
Pazis García da Fundación Ipar hegoa, Xurxo Martínez Crespo, Raúl Río e Edorta Jiménez. Foto CIG
Fóra do Centro Galego de Barakaldo no monumento a Rosalía e Castelao. Anxo Deibe, Ritxar Gómez. Raúl Río, Edorta Jiménez, Gloria, Andere Aresti (filla de Ares
Fóra do Centro Galego de Barakaldo no monumento a Rosalía e Castelao. Anxo Deibe, Ritxar Gómez. Raúl Río, Edorta Jiménez, Gloria, Andere Aresti (filla de Ares
Aspecto interior da Feira Anual do Disco e Libro Vasco de Durango, "Durango Azoka". Foto Xurxo Martínez Crespo
Aspecto interior da Feira Anual do Disco e Libro Vasco de Durango, "Durango Azoka". Foto Xurxo Martínez Crespo