Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malas prácticas dos cidadáns

O 10% do recibo eléctrico sae do malgasto nos fogares

Co que cada un de nós pode facer na súa propia casa, aforraríanse até 107 millóns de euros por ano. Un aforro de enerxía que está estancado desde 2005.

Redacción - 09:00 13/12/2007

O incremento da valoración que os cidadáns fan de detalles coma a etiquetaxe sobre o grao de consumo enerxético á hora de mercar electrodomésticos, ou a suba na utilización de lámpadas de baixo consumo, son dous datos que permiten ser optimistas a medio prazo. Explicouno este luns Luís Díaz, delegado en Galiza de Unión Fenosa, durante a presentación do informe sobre o índice de eficiencia enerxética no fogar en 2007. De xeito concreto, un fogar calquera podería conseguir un aforro de até o 9,93% no recibo a través de prácticas coma estas contra a dilapidación enerxética.
"Non evolucionamos practicamente no aforro", sinalou Díaz, repasando os catro eixos analizados no estudo: equipamento, cultura enerxética, control enerxético e mantemento. Referiuse ademais a un factor adicional, as medidas que poden aplicarse na edificabilidade das vivendas e que levarían a dobrar esa posibilidade de aforro até o 20% por fogar. A este respecto, Xosé Ramón Doldán, director do Instituto de Enerxía de Galicia, INEGA, recordou que Galiza será "pioneira" coa introdución do certificado enerxético nos edificios, presentado esta mesma semana.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: