TOD@S A MEREXO: MANIFESTACIÓN E CADEA HUMANA O DOMINGO 16, ÁS 12 HORAS!!!
A Plataforma Veciñal de Merexo e ADEGA convoca para o
domingo 16 de decembro, ás
12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha
Cadea Humana. Pretendemos delimitar visualmente o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar (
270.000 metros cadrados) para incluir no Plano Acuícola. Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un
manifesto contra o Plano Acuicola Galego.
CHARLA INFORMATIVA EN CAMELLE, O DÍA 12 ÁS 19:30
Este
mércores 12 de decembro terá lugar na
Casa da Cultura de Camelle ás 19:30 unha charla informativa para expor a problemática das piscifatorías. En Camelle, no Concello de Camariñas, está prevista a construcción da piscifatoría de
Xandriña que non contempla depuración das augas residuais do proceso productivo ademais dun enorme impacto ambiental e social.
http://www.merexononsevende.com/