Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Vacas, a súa dignificación sexual e gastronómica'

Unha obra galega, elixida 'mellor libro de cociña' do Estado

O traballo do cociñeiro italogalego Flavio Morganti competirá nos Premios Gourmand, que recoñecen os mellores libros de viño e cociña do mundo

Redacción - 13:21 11/12/2007

O libro é algo máis ca un simple manual de cociña, pois o obxectivo de Flavio Morganti era defender a importancia gastronómica da vaca sobre o dominio do boi a través de 68 receitas realizadas coa vaca e unha soa de boi. Morganti apunta que a discriminación sexual ten moito que ver co desigual tratamento que recibe a vaca na nosa gastronomía. Recoñecidos profesionais como Martín Berasategui, Cristino Álvarez ou Yves Sinclair apadriñaron esta iniciativa e apoiaron coas súas palabras, na introdución deste libro, as teorías de Flavio Morganti.

A obra, editada por Everest Galicia, resultou gañadora nas categorías Mellor libro de Cociña en España, Mellor monográfico culinario en galego, Mellor cuberta dun libro de cociña en galego e Mellor fotografía dun libro de cociña en galego. Pola súa banda, o libro O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular (Ir Indo Edicións), de Edelmiro L. Mateo García, foi recoñecido na categoría Mellor libro de Historia do viño en galego. Os gañadores de cada país competirán contra os gañadores doutros países na mesma categoría. Os resultados daranse a coñecer durante un evento que terá lugar en maio de 2008.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O libro opta ao premio ao mellor libro de cociña do mundo
O libro opta ao premio ao mellor libro de cociña do mundo